Continúa o tempo solleiro en Compostela
08:00 14/12/21
08:00 14/12/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 15 graos
O martes Galicia quedará na influencia das altas presións, polo que se agarda unha xornada de tempo seco e de sol, con néboas matinais nos vales do interior que poden ser localmente persistentes. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moi frouxo de compoñente leste.
En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios.