Os pensionistas concéntranse este luns no Obradoido
06:30 13/12/21
06:30 13/12/21
Como ven sendo habitual dende hai catro anos
Este luns, 13 de decembro, a Plataforma Pensionistas Compostela convoca ás persoas pensionistas composteláns a unha concentración ás doce da mañá na praza do Obradoiro.
"Estamos de novo na rúa defendendo un Sistema Público de Pensións. Pensións mínimas suficientes e un sistema público e seguro para as futuras xeracións", apuntan dende a Asociación.