miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A semana arranca con ceos despexados

A semana arranca con ceos despexados
A semana arranca con ceos despexados

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 16 graos

O luns Galicia quedará baixo a influencia das altas presións, con réxime de ventos do sur. Así, agárdase unha xornada de ceos pouco nubrados ou despexados. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso e as máximas quedarán sen cambios significativos ou con lixeiros ascensos. O vento soprará moderado de compoñente sur, con intervalos fortes na Costa da Morte.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados en xeral durante os vindeiros días. As temperaturas serán normais para as mínimas e altas para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.





Comentarios
Lo más