miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O 70 % do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS secunda a segunda xornada dunha folga en que se anularon 130 consultas

O 70 % do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS secunda a segunda xornada dunha folga en que se anularon 130 consultas
O 70 % do servizo de Otorrinolaringoloxía do CHUS secunda a segunda xornada dunha folga en que se anularon 130 consultas

CCOO lamenta que a «inoperancia» da Xerencia prexudique os doentes da área sanitaria Santiago-Barbanza, pois suspendéronse unhas 130 consultas nas dúas xornadas de protesta

Este venres tivo lugar a segunda xornada de folga no servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago de Compostela (CHUS). Novamente, a Federación de Sanidade de CCOO destaca o seguimento maioritario do paro, secundado polo 70 % do servizo. O sindicato insta a Xerencia da área sanitaria Santiago-Barbanza a solucionar un problema do que ten coñecemento desde hai medio ano.

CCOO lamenta que a «inoperancia» da xerenta, Eloína Núñez, prexudique os doentes desta área sanitaria. Sinala que nos dous días de paros se suspenderon aproximadamente 130 consultas —ao redor de 70 o pasado día 1 e unhas 60 no día de hoxe—. Lembra, tamén, que o vindeiro luns, día 13, o servizo volve estar chamado á folga, que terá continuidade os días 21 e 29.

Humillacións e menosprezos

A Federación de Sanidade de CCOO reitera que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, que foi aumentando en número de traballadores e traballadoras afectadas, así como na intensidade «das faltas de respecto, humillacións e menosprezos». O sindicato tamén constata un «caos organizativo» que atribúe a este responsable.

Comentarios
Lo más