miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Propoñen reutilizar a infraestrutura das cabinas telefónicas públicas para novos usos gratuítos de interese social

Propoñen reutilizar a infraestrutura das cabinas telefónicas públicas para novos usos gratuítos de interese social
Propoñen reutilizar a infraestrutura das cabinas telefónicas públicas para novos usos gratuítos de interese social

Poderían implantarse novos servizos como emisores de rede wifi, cargadores de dispositivos móbiles, chamadas de emerxencias ou difusión de contidos multimedia

O Grupo Municipal Popular, a través do concelleiro José Antonio Constenla, presentará unha iniciativa no vindeiro Pleno para que o Goberno local proceda, canto antes, ao estudo, deseño e -se fose o caso- a posta en marcha de medidas para a implantación de novos servizos para as telecomunicacións de uso gratuíto, como a incorporación dun punto de conexión wifi gratuíta ou a recarga de dispositivos móbiles, que aproveiten o emprazamento e a infraestrutura das cabinas telefónicas públicas que aínda existen no termo municipal de Santiago. Nese mesmo punto, tamén se poderían incluír outras prestacións como un sistema gratuíto para as chamadas de emerxencia, a xestión de trámites municipais en liña ou un sistema para difundir mensaxes multimedia de interese cultural, turística, e mesmo publicitaria, que contribuíra a cubrir o custo e mantemento deste novo servizo.


A aprobación o pasado 16 de novembro por parte do Consello de Ministros do proxecto de Lei Xeral de Telecomunicacións fai que se aproxime a “sentenza” definitiva para as cabinas telefónicas, ao propoñerse no texto legal a súa eliminación como “elementos obsoletos”, xunto coas guías telefónicas, que -no caso da aprobación polas Cortes- comezarían a desaparecer paulatinamente ao longo do ano 2022.


Constenla Ramos indicou que algunhas cidades, como a de Lugo recentemente, comezaron a adoptar medidas para retirar a maior parte das cabinas, deixando un mínimo número en función do número de chamadas rexistradas. Noutras cidades tamén se aposta por adaptalas a novos usos relacionados coas novas tecnoloxías.


Na nosa cidade durante os últimos anos xa se foron retirando por parte das empresas algunhas cabinas que non resultaban rendibles ou aquelas que, ademais -como no caso da máis recente na rúa Doutor Teixeiro-, supoñían un obstáculo para a accesibilidade. Con todo, queda un número considerable que, pola súa localización e a súa infraestrutura, poderían ser susceptibles de reutilización, como o caso das situadas na Avenida Xoán XXIII, Praza de Cervantes, Praza de Galicia, Avenida de Figueroa, Praza de Vigo, Santiago de Chile, San Pedro de Mezonzo ou as que aínda quedan nos barrios como San Lázaro, Fontiñas, Santa Marta, Vite….

Comentarios
Lo más