miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nubes pero sen chuvia en Compostela

Nubes pero sen chuvia en Compostela
Nubes pero sen chuvia en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 12 graos

O sábado Galicia quedará nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, con réxime de ventos de compoñente oeste. Así, predominarán as nubes baixas, con posibilidade dalgún orballo. Co avance da xornada irán abríndose claros no leste de Ourense e de Lugo. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso e as máximas non experimentarán cambios significativos. O vento soprará frouxo de compoñente oeste.

En Santiago, agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros, aínda que ocasionalmente poderán atoparse pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o luns pola tarde. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con mínimas en descenso moderado e máximas sen cambios.



Comentarios
Lo más