miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A chuvia dará unha tregua

A chuvia dará unha tregua
A chuvia dará unha tregua

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 11 e os 15 graos

Galicia irá quedando lentamente baixo a influencia anticiclónica. Con esta situación, agárdanse abundantes nubes e chuvias febles pola mañá, dando paso a ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos illados e ocasionais pola tarde. As temperaturas terán un ascenso, máis acusado nas mínimas. Os ventos soprarán de compoñente oeste pola mañá, rolando a noroeste pola tarde, frouxos en xeral, moderados no litoral e zonas altas.

En Santiago teremos ceos moi anubrados ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o xoves e o venres. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en ascenso lixeiro.



Comentarios
Lo más