Día festivo pasado por agua e frío
As temperaturas en Santiago oscilarán enter os 6 e os 10 graos
Logo do paso da fronte durante o martes, xa o mércores quedaremos na zona de chuvascos. Polo tanto, o ceo estará parcialmente cuberto con precipitacións xeneralizadas de carácter intermitente, localmente fortes e ocasionalmente acompañadas de sarabia e aparato eléctrico. A cota de neve situarase entre os 900 e 1100 metros, ascendendo durante o día. As temperaturas sufrirán un descenso entre moderado e notable. O vento soprará forte de compoñente oeste, con intervalos moi fortes no litoral norte.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos moi anubrados con outros con nubes e claros. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán altas para as mínimas e normais para as máximas respecto ó habitual nesta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o martes pola mañá.