miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Continúa o tempo de chuvia en Compostela

Continúa o tempo de chuvia en Compostela
Continúa o tempo de chuvia en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 11 e os 13 graos

O martes Galicia estará afectada pola presenza dunha profunda borrasca situada sobre Irlanda. Deste xeito, o ceo estará cuberto con precipitacións xeneralizadas e intensas. A cota de neve situarase nos 900-1000 metros ao final da xornada. As temperaturas mínimas serán máis elevadas que na xonada anterior, pero as máximas apenas terán cambios, con moi escasa oscilación térmica ao longo do día. O vento soprará forte de compoñente oeste en xeral, con refachos moi fortes no litoral norte e zonas altas.

En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o martes pola mañá.



Comentarios
Lo más