miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Luns festivo con chuvia

Luns festivo con chuvia
Luns festivo con chuvia

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 13 graos

O luns Galicia estará afectada polo paso dunha fronte fría. Así, o ceo estará cuberto e con precipitacións xeneralizadas co avance do día, máis persistentes na metade oeste. As temperaturas mínimas non terán cambios significativos e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do sudoeste, con intervalos fortes no litoral norte e zonas altas.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán. Vento forte do Sudoeste o martes pola mañá; e forte do Oeste o martes pola noite.



Comentarios
Lo más