Sábado gris e con chuvia en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 13 graos
O sábado Galicia estará nunha situación intermedia entre as altas presións situadas sobre Azores e unha borrasca no Mar do Norte. Deste xeito,o ceo estará parcialmente nubrado con precipitacións intermitentes. A cota de neve situarase nos 1200 metros ao final da xornada. As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas non terán cambios ou lixeiros ascensos. O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos fortes no norte da Coruña e de Lugo.
En Santiago, ceos moi anubrados ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo predominarán con nubes e claros. Haberá precipitacións o sábado e o luns. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral se manterán sen cambios a pesar de que oscilarán.