miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Recoñecen a calidade na formación de residentes de atención primaria na área de compostela

Recoñecen a calidade na formación de residentes de atención primaria na área de compostela
Recoñecen a calidade na formación de residentes de atención primaria na área de compostela


Este ano comezaron, como residentes de primeiro ano, 30 facultativos e 4 enfermeiras


A unidade docente multidisciplinar de atención primaria da Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza acaba de ser acreditada segundo a norma ISO 9001:2015, converténdose na única galega en conseguir este recoñecemento á calidade na formación sanitaria especializada aos profesionais en atención primaria tanto a facultativos como ao persoal de enfermaría.

A unidade, cuxo responsable é o doutor Sergio Cinza, conta con 83 titores nos centros de saúde e 46 colaboradores docentes nos Puntos de Atención Continuada (PAC) e 11 nos consultorios do rural, que forman, na actualidade, a 85 residentes (77 médicos e 8 enfermeiras). Este ano comezaron, como residentes de primeiro ano, 30 facultativos e 4 enfermeiras para formarse nas especialidades de medicina e enfermaría familiar a comunitaria, respectivamente.


Co compromiso da unidade e da xerencia da área sanitaria compostelá de seguir formando con calidade e aumentar o número de residentes para así dispor de máis médicos de familia, veñen de solicitar 40 prazas para formar facultativos en primaria, 10 máis, á espera da resolución do Ministerio de Sanidad. O que si está confirmado é que se incorporarán 8 enfermeiras, 4 máis que este ano.

Exhaustiva auditoría

Para obter esta acreditación, a unidade docente pasou unha auditoría externa que realizou unha avaliación global da súa oferta formativa, para o que revisou exhaustivamente durante un proceso que durou 1 mes, aspectos da organización, os procedementos de control, a sistematización destes procedementos e o seu cumprimento.


Tamén analizaron os obxectivos de mellora, o compromiso do centro e da dirección no labor docente así como as competencias de formación que teñen os titores e os colaboradores docentes.


Asemade, mediron a satisfacción dos residentes en relación con cada unha das súas rotacións nos distintos servizos. O 90,9% dos MIR e o 100% das EIR, valoraron con 4 puntos ou máis a súa satisfacción coa Unidade Docente, sobre un baremo de 5.


Comentarios
Lo más