Ignacio Vilar presenta " Aura 1964 " en El Corte Inglés Santiago
O 4 de decembro, El Corte Inglés de Santiago acollerá a presentación da nova obra de Ignacio Vilar, “Aura 1964.”
Vilar, aos dezaoito anos trasladouse a Cataluña, onde colaborou na creación dunha escola de cine na Universitat de Barcelona.
En 1989 recibiu o Premio Carlos Velo polo guión Ollo birollo e en 1990 fundou a produtora Vía Láctea Filmes, para a que dirixe curtametraxes e longametraxes cinematográficos.
Entre a súa filmografía destaca a longametraxe A esmorga (2014, producida tamén por Editorial Galaxia), baseada na novela de Eduardo Blanco Amor, primeira longametraxe rodada en galego e nominada aos Premios Goya ao Mellor Guión Adaptado, e premiada no XX Festival du Cinéma Espagnol de Toulouse ao Mellor Director (ad hoc), Mellor Interpretación Masculina e Mellor Fotografía.
Outras das súas longametraxes son Ilegal (2003), Un bosque de música (2004), Pradolongo (2008), Vilamor (2012), Sicixia (2016) e María Solinha (2020).
En 2015 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu compromiso no fomento da lingua e cultura galegas.
Editorial Galaxia publica agora o guión cinematográfico do filme, escrito e dirixido por Ignacio Vilar, un proxecto apoiado polo Creative Europe Media (programa deseñado para o apoio do cinema europeo).
Corre o ano 1964 e a ditadura celebra os seus “25 años de paz”.
Siro, un adolescente dunha aldea da alta montaña galega, ingresa nun internado relixioso, onde fai amizade con Cosme e Berto
A amizade entre os tres xurde nun ambiente dominado polo adoutrinamento, a mentira e a aldraxe da dignidade en nome de Deus e da patria fascista
Esta experiencia fai que o protagonista abandone a adolescencia e se mergulle na violenta e opresiva realidade do mundo adulto daquel tempo.
O acto celebrarase ás 12.00 h no salón de Ámbito Cultural (planta baixa)