Tempo gris en Compostela
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 10 graos
Logo do paso dunha fronte durante a xornada anterior a chegada de aire frío e a inestabilidade marcarán o tempo do xoves. O ceo estará parcialmente nubrado, con chuvascos, máis probables no norte e zonas de montaña. A cota de neve estará sobre os 1100 metros, subindo progresivamente aos 1300 metros. As temperaturas descenderán entre lixeira e moderadamente. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados, con intervalos fortes ao principio no litoral e zonas altas do interior.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos moi anubrados con momentos con nubes e claros. Haberá precipitacións tódolos días. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán moderadamente e máximas que se manterán sen cambios.