miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico na rúa de Curros Enríquez e na rúa das Barreiras

Corte de tráfico na rúa de Curros Enríquez e na rúa das Barreiras
Corte de tráfico na rúa de Curros Enríquez e na rúa das Barreiras

As actuacións estarán supeditadas ás condicións meteorolóxicas

O martes 30 de novembro de 8:30 a 19:00 horas pecharase ao tráfico a rúa de Curros Enríquez, entre a rúa de Gómez Ulla e a rúa de Neira de Mosquera, por mor das obras que se van levar a cabo no pavimento da parada de bus situada á altura do número 5. Os traballos consistirán na demolición do actual pavimento deteriorado de formigón e posterior execución de pavimento de semellantes características. As actuacións estarán supeditadas ás condicións meteorolóxicas.


Transporte urbano
As liñas 7 e C11 realizarán os desvíos que se indican, cada un dos días:

*Liña 7 (traxectos Aríns / Fornás - Valle Inclán): desde Curros Enríquez desviarase por Bernardo Barreiro, avda. de Lugo e rúa do Hórreo, retomando o seu itinerario habitual.

Queda suprimida para a liña 7 a parada 226, Curros Enríquez, á altura do número 5 da rúa.

*Liña C11 (circular Fontiñas): circulando pola avda. de Lugo, continuarán sen desviarse pola avenida, rúa do Hórreo, e retomarán o seu itineario por República do Salvador e Doutor Teixeiro.

Quedan suprimidas para a liña C11 as paradas: 130, Bernardo Barreiro; e 226, Curros Enríquez.

Corte na rúa das Barreiras
Para a execución do asfaltado da rúa das Barreiras, pecharase ao tráfico esta vía dende a rúa da Estrada ata a rotonda do campo de fútbol de Nosa Señora de Fátima do martes 30 de novembro ao xoves 2 de decembro.

O sentido de estendido da mezcla bituminosa será dende a rúa da Estrada cara á rotonda, deste modo non será preciso cortar o tráfico na propia glorieta, só o fluxo pola rúa das Barreiras. Os residentes con destino na rúa da Agra da Garrida poderán entrar pola rúa do Campo do Amo desde a rúa da Estrada. A planificación está supeditada ás condicións meteorolóxicas. 
Comentarios
Lo más