miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os 'Bonos corazón Compostela' deixaron xa no comercio compostelán 1.143.454 euros

Os 'Bonos corazón Compostela' deixaron xa no comercio compostelán 1.143.454 euros
Os 'Bonos corazón Compostela' deixaron xa no comercio compostelán 1.143.454 euros

Xa se superaron os 16.000 bonos descargados

O alcalde de Santiago informou que xa se superaron os 16.000 bonos descargados, cunhas vendas totais de 1.143.454 euros, por parte dos 365 establecementos adheridos. "Xa son moitos", continuou, "os establecementos que esgotaron a subvención máxima dispoñible, que se ampliou ata os 15.000 euros".

Sánchez Bugallo indicou que non está previsto ampliar esa contía, "para facilitar que chegue ao maior número posible de establecementos". Amosou a súa satisfacción, porque esta iniciativa dos bonos corazón, "está permitindo aos pequenos establecementos recuperar unha clientela que dalgunha maneira foran perdendo, como é a xente nova que mercaba por internet e que volve a venda tradicional".

Comentarios
Lo más