miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

'Oroso corazón', unha iniciativa para covertir Oroso nun concello cardioprotexido

'Oroso corazón', unha iniciativa para covertir Oroso nun concello cardioprotexido
'Oroso corazón', unha iniciativa para covertir Oroso nun concello cardioprotexido

O centro de saúde coordina un curso de reanimación cardiopulmonar que servirá de comezo da campaña

O Concello de Oroso presentou a súa iniciativa ‘Oroso de Corazón’, co obxectivo de convertirse nun municipio cardioprotexido e impulsar os hábitos de vida saudables entre os seus veciños e veciñas.

Nun acto celebrado no centro cultural coa presenza do tecido social, deportivo, sanitario e educativo do concello, presentaron esta nova iniciativa o alcalde de Oroso, Luis Rey Villaverde; a concelleira de Sanidade, Beatriz Rodeiro; a directora do centro de saúde de Oroso, María José Méndez, e o coordinador do centro de saúde, Manuel Fernández.

“Esta pandemia fíxonos reflexionar sobre a importancia da saúde e de estar moi preto da xente, temos que ter claro o que é importante, por iso pensamos nesta iniciativa para fomentar a cultura da vida saudable, con charlas, cursos e diferentes iniciativas”, explicou Luis Rey.

Entre as actuacións que farán de Oroso un concello cardioprotexido, están os cursos de reanimación, masaxe cardíaco e maniobras ante casos de asfixia para a veciñanza; a formación sobre uso de desfibriladores para clubes deportivos, asociacións e centros educativos, e sesións formativas sobre alimentación, nutrición e consellos para evitar a obesidade infantil.

Haberá tamén outras iniciativas para fomentar os hábitos de vida saudable entre os orosáns, como as andainas, e xornadas para que os veciños e veciñas poidan medirse a tensión, o azúcar e outros parámetros.

RCP BÁSICA

A primeira actividade será un curso de reanimación cardiopulmonar (RCP) básico, aberto aos veciños e veciñas interesadas e que se celebrará a próxima semana (darase máis información nos próximos días). As técnicas de RCP son fundamentais en casos de infarto.

“O 80% das enfermidades poden evitarse con prevención, algo que temos que ter sempre en conta, e para os casos de urxencia, como os infartos, ter unhas nocións de primeiros auxilios poden salvar unha vida”, explicou a directora do centro de saúde.

“Quixemos impulsar esta iniciativa desde o concello, combinando sanidade e educación; o programa chegará a todas as idades para concienciar da importancia da saúde e dos controis sanitarios”, engadiu Beatriz Rodeiro.

Comentarios
Lo más