Chegan as nubes a Compostela
08:00 21/11/21
08:00 21/11/21
As temperaturas oscilarán entre os 7 e os 15 graos
O domingo será un día de transición no que irá aumentando a inestabilidade coa chegada dunha fronte polo norte. Agárdase así unha xornada de ceos con máis nubes ao norte onde pode rexistrarse algunha chuvia feble e ocasional xa durante a mañá. Pola tarde aumentará nubosidade con chuvascos ao norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará de compoñente norte frouxo, aumentado de intensidade á noite, con intervalos fortes no litoral norte.
En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións o luns. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en descenso notable.