miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Último día sen nubes en Compostela

Último día sen nubes en Compostela
Último día sen nubes en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 9 e os 17 graos

O sábado quedaremos nunha situación pouco definida entre altas e baixas presións relativas con fluxo de ventos de compoñente leste. Agárdase así un día de ceos pouco nubrados con algunhas nubes altas e con néboas matinais en puntos do interior. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso mentres que as máximas seguirán sin cambios. O vento soprará frouxo con predominio da compoñente leste.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. Agárdanse precipitacións o luns pola tarde. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso lixeiro aínda que oscilarán e máximas en descenso moderado.



Comentarios
Lo más