miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nova liña de transporte metropolitano por Medín-Gonzar e Budiño ata Santiago

Nova liña de transporte metropolitano por Medín-Gonzar e Budiño ata Santiago
Nova liña de transporte metropolitano por Medín-Gonzar e Budiño ata Santiago


Esta ruta conta cunha frecuencia diaria de ida e outra de volta de luns a venres non festivos



A Dirección Xeral de Mobilidade vén de confirmarlle ao Concello de O Pino a posta en marcha dunha nova ruta que vai comunicar ás parroquias de Medín, Gonzar e Budiño con Santiago de Compostela. Esta ruta é unha vella reivindicación do alcalde do Pino, que agora é atendida pola Xunta.

Esta ruta (a XG800), que estará operativa de luns a venres non festivos, sae de Medín ás 07.15 horas, pasará por varios lugares da parroquia de Gonzar e Budiño e diríxese a Sigüeiro (Cruce de Barciela) antes chegar a Santiago as 08.30 horas.

Mentres duren as obras na rúa do Hórreo (fronte á nova estación intermodal) a parada desta ruta estará situada na calle da Rosa. Cando rematen as obras a parada trasladarase a rúa do Hórreo, de onde sairá ás 14.00 horas, para chegar a Medín ás 15.36.

Esta ruta estará atendida por Autos Grabanxa, e súmase ás liñas que Monbus fai pola N-547, e Arriva pola N-634 para comunicar o Concello de O Pino coa capital de Galicia.

Transporte Metropolitano Pino 2


Comentarios
Lo más