miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

CCOO convoca folga do persoal facultativo especialista de Otorrinolaringoloxía do CHUS en decembro

CCOO convoca folga do persoal facultativo especialista de Otorrinolaringoloxía do CHUS en decembro
CCOO convoca folga do persoal facultativo especialista de Otorrinolaringoloxía do CHUS en decembro

O paro comezará o día 1 de decembro ante a «incapacidade» e «pasividade» da Xerencia para solucionar os problemas que o sindicato leva meses denunciando

A Federación de Sanidade de CCOO convoca varias xornadas de folga do persoal facultativo especialista do servizo de Otorrinolaringoloxía do Hospital Clínico de Santiago (CHUS). O paro comezará o día 1 de decembro e terá continuidade os días 10, 13, 21 e 29 do mesmo mes. Esta medida de presión adóptase ante a «incapacidade» e «pasividade» da Xerencia hospitalaria para solucionar os problemas que o sindicato leva denunciando desde xuño.

A Xerencia, cómplice

CCOO afirma que existe un conflito polo tratamento persoal e profesional entre o xefe de servizo e a maioría dos facultativos, que foi aumentando en número de traballadores e traballadoras afectadas, así como na intensidade «das faltas de respecto, humillacións e menosprezos».

Para CCOO, a actitude da Xerencia é de «complicidade» dos graves feitos denunciados, xa que os coñece desde hai meses e ten a competencia para dar unha solución. Polo momento, a resposta é «lavar as mans e mirar para outro lado», censura o sindicato.

Se a Xerencia «prefire antepoñer os intereses individuais dunha persoa aos de todo o colectivo, a única saída que lle queda ao persoal é ir á folga», resumen desde Comisións.

Caos organizativo

Asemade, a organización imposta polo xefe do servizo está a provocar un «caos organizativo», con cargas de traballo moi desiguais para os distintos profesionais, tanto no que respecta ás axendas —algunhas teñen un ou tres doentes, pero hai outras con vinte— como ás intervencións cirúrxicas.

A consecuencia de non manter a equidade nas intervencións cirúrxicas é unha «perda de competencia para os profesionais afectados, o que pode traducirse nunha afectación da calidade da asistencia que se lle presta aos doentes», advirte CCOO.

Comentarios
Lo más