miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo

Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo
Ortiga porá o peche á campaña #VotaCarballo

O artista Ortiga súmase á campaña para que o Carballo de Conxo se convirta en Árbore Europea 2022 e dará un concerto este venres 19 na praza Aurelio Aguirre, un día antes de que se peche a fase nacional do certame, que finaliza o sábado ás 23.59 h. As entradas son de balde e poden retirarse no Teatro Principal o xoves e o venres (10.00 a 14.00 horas) co único requisito de votar pola árbore.

O Concello de Santiago de Compostela convida ao concerto de clausura da campaña a prol do Carballo do Bosque do Banquete de Conxo, única candidatura galega que opta a ser Árbore Europea 2022. O evento, amenizado polo artista Ortiga, terá lugar este venres 19 ás 20.00 horas na praza Aurelio Aguirre, no barrio compostelán de Conxo.


As entradas serán de balde, pero o aforo está limitado a un milleiro de persoas debido ás medidas preventivas contra a Covid. Poderanse retirar os convites no teatro principal tanto o xoves 18 coma no propio día, de 10.00 a 14.00 horas. O requisito será mostrar nun dispositivo móbil a comprobación de ter votado.

A fase nacional do certame Árbore Europea 2022, que organiza Bosques Sin Fronteras dende o 2011, remata este sábado ás 23.59 horas. Antes de que as votacións se ocultasen o pasado domingo o Carballo do Bosque do Banquete de Conxo estaba consolidado na primeira posición, aínda que seguido de cerca polo segundo. Para votar pódese facer a través da web www.arboleuropeo.es dentro da sección ‘Vota por un árbol’.

Ortiga será o encargado de poñer a música no acto. O artista compostelán é un dos máximos expoñentes da música alternativa galega dos últimos anos. Cancións como ‘Sabes el camino que elegí’ garantizan un espectáculo asegurado para os que decidan acudir ao concerto. 

Comentarios
Lo más