Continúa o tempo seco en Compostela
08:00 17/11/21
08:00 17/11/21
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 15 graos
As altas presións continuarán un día máis estacionarias ao noroeste de Galicia. Deste xeito, teremos unha xornada de ceo parcialmente nubrado no terzo norte, máis aberto no sur. Bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprarán do nordés, moderados no litoral e zonas altas do interior e máis frouxos no resto.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro.