Continúa o tempo estable en Compostela
As temperaturas oscilarán entre os 8 e os 15 graos
As altas presións irán achegándose novamente a Galicia, aínda que nesta xornada quedaremos nunha área de transición. Isto quere dicir que teremos aínda moitas nubes, principalmente na metade norte, sen descartar algunha precipitación feble no norte de Lugo e da Coruña ao comezo e o final da xornada. As néboas serán de novo persistentes en puntos do interior. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, con intervalos de moderado no litoral atlántico.
En Santiago teremos ceos con nubes e claros ó comezo e cara a metade do período, aínda que ó final do mesmo tenderán a estar pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios e máximas en ascenso lixeiro.