miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Sergas prevé administrar 29.000 dosis diarias trala reapertura dos 'vacunódromos' o venres

O Sergas prevé administrar 29.000 dosis diarias trala reapertura dos 'vacunódromos' o venres
O Sergas prevé administrar 29.000 dosis diarias trala reapertura dos 'vacunódromos' o venres

Así o expresou o conselleiro de Sanidade nunha entrevista

O Sergas conta con administrar 29.000 vacinas ó día nos grandes recintos dende o venres para rematar a inoculación das doses de reforzo aos maiores de entre 70 e 79 anos o 30 de novembro e a dos inmunizados con Janssen o 5 de decembro. Así o sinalou nunha entrevista na Radio Galega, Julio García Comesaña.

Paralelamente, o Sergas conta con rematar o 23 deste mes o reforzo de vacina para os maiores de 80 anos nos centros de saúde. Julio García Comesaña desvelou que o 90% está aceptando recibir ó mesmo tempo a dose contra a gripe. O conselleiro detallou que ata esta fin de semana se distribuíran xa 375.000 doses de vacinas da gripe, con taxas de adherencia semellantes “ou incluso lixeiramente superiores” aos rexistrados o ano pasado.

 O conselleiro abre a porta a ampliar o uso do certificado a outros ámbitos sanitarios, pero di que agora non está sobre a mesa recuperalo na hostalaría aínda que non o desbota se empeorase a situación. Julio García Comesaña indicou que suporía que “en calquera momento se lle podería requirir o certificado, ben sexa na planta, ben sexa nos accesos. Calquera profesional podería pedir ese requisito”. E confirmou que a medida se aplicaría ás visitas a enfermos hospitalizados, non aos que acudan con persoas a consultas ou probas diagnósticas.

O conselleiro de Sanidade amósase preocupado polo aumento de incidencia e non descarta que "volvamos a unha situación complexa vendo o que pasa noutros países e noutras comunidades autónomas"

Comesaña ve “motivacións políticas” na manifestación convocada para reclamar máis recursos en atención primaria que atribúe a unha campaña de desprestixio “fundamentalmente do BNG e ultimamente tamén do PSOE”

Comentarios
Lo más