miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Comezan a aparecer nubes

Comezan a aparecer nubes
Comezan a aparecer nubes

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 14 graos

As altas presións afastaranse lixeiramente de Galicia permitindo a entrada dunha masa de aire algo máis fría e con maior grao de inestabilidade. Con estas condicións agardamos un aumento da nebulosidade en xeral, con nubes máis compactas no terzo norte que deixarán chuvias febles no norte de Lugo e A Coruña. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos pero as máximas sufrirán un moderado descenso. O vento soprará do nordés, con intervalos de moderado no litoral e zonas altas do interior.

En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente e máximas que descenderán moderadamente.



Comentarios
Lo más