miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Domingo baixo o sol en Compostela

Domingo baixo o sol en Compostela
Domingo baixo o sol en Compostela

As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 8 e os 17 graos

Galicia estará nunha extensa área anticiclónica que vai desde Madeira ata o Mar do Norte. Con esta situación, agárdanse néboas matinais en zonas de interior, que darán paso a ceos despexados ou con nubes altas. As temperaturas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, frouxos en xeral, moderados entre Bares e Fisterra.

En Santiago, ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo do período, aínda que cara a metade e ó final do mesmo predominarán con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que se manterán sen cambios e máximas que descenderán moderadamente.

Comentarios
Lo más