A Policía Local salva a vida dun home en parada cardiorespiratoria o día do San Martiño
A Policía Local asistiu a un varón de 67 anos que entrou en parada cardiorespiratoria mentras conducía o día do San Martiño, nas inmediacións da feira.
Onte, un pouco antes das 16:00 horas, a Policía Local, que estaba no operativo organizado pola feira do San Martiño na zona da carballeira é requerida para un servizo de emerxencia nas inmediaciónis do establecemento Bar Touceda, N550 (Francos-calo) por unha posible parada cardíaca dun varón de 67 anos no interior do seu vehículo.
Neste momentro achéganse catro policías a ese punto e segundo o protocolo establecido, comezan as manobras de respiración cardiopulmonar namentras se avisa a unidade UVI móvil do 061, que se presenta tras 15 minutos de reanimación. Trala chegada dos sanitarios, comproban que o pulso é débil, pero que aínda ten vida, polo que se traslada de inmediato ata o CHUS para posterior ingreso en UCI. Na intervención tamén participou persoal do Servizo de Protección Protección.
Dende o Concello e a xefatura da Policía Local destácase o gran traballo dos axentes e o persoal municipal implicados nunha intervención no que a inmediatez é fundamental. Esta felicitación que se fai extensible á labor de vixiancia e control que fixeron durante toda a feira, tanto eles coma o persoal de Protección Civil e voluntarios/as.
En relación con estas emerxencias médicas o Concello informa que se vai mercar un desfibrilador automático (DESA) para o servizo da Policía Local. A intención é que poidan utilizalo en intervencións urxentes ao poder levalo no vehículo. A rapidez é un factor fundamental para aumentar o índice de supervivencia ante unha parada cardiaca polo que se considera de moito interese esta nova dotación para o Concello.