miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nova prórroga no plazo das obras de Concheiros en medio de caceroladas

Nova prórroga no plazo das obras de Concheiros en medio de caceroladas
Nova prórroga no plazo das obras de Concheiros en medio de caceroladas

Veciños e comerciantes de Concheiros protagonizaron este venres unha cacelorada para protestar polo retraso dunhas obras ao mesmo tempo que en Raxoi se apropababa ampliar o prazo de execución das obras

Nunha segunda Xunta de Goberno extraordinaria, o executivo municipal acordou ampliar o prazo de execución das obras "Actuacións no Camiño Francés en Santiago de Compostela: remodelación da rúa dos Concheiros" ata o 22/01/2022, tal como consta no informe do director facultativo do 19/10/2021.

Esta ampliación débese, segundo consta no expediente, a distintos traballos non contemplados nun principio, pero necesarios para a correcta execución da obra, entre eles a execución de novos trazados de saneamento; condicións meteorolóxicas adversas; apertura de gabias en terreos de alta compactidade para tendido de redes de infraestrutura no da Cruz de San Pedro; modificación do acabado de Triacastela que pasou de ser aglomerado asfáltico a empedrado continuo; aparición de rocha que houbo que excavar para efectuar a instalación de saneamento, gas, etc.; instalación dunha quinta unidade de colector soterrado en illas; ou aparición de rocha nos traballos de tendido de redes infraestruturais na contorna da Cruz San Pedro.


Mentres se aprobaba esta ampliación, na rúa os veciños e comerciantes protestaban nunha concentración con cacerolada de por medio. O retraso dunhas obras que comezaron hai case un ano por continuos problemas, estalles causando un grave prexuízo.


Comentarios
Lo más