miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta de Goberno local aproba catro convenios de colaboración que contemplan axudas de 50.000 euros para actividades culturais

A Xunta de Goberno local aproba catro convenios de colaboración que contemplan axudas de 50.000 euros para actividades culturais
A Xunta de Goberno local aproba catro convenios de colaboración que contemplan axudas de 50.000 euros para actividades culturais

Xunta de Goberno local, reunida onte en sesión extraordinaria, aprobou o texto de catro convenios de colaboración con outras tantas entidades, polos que destinará un total de 50.000 euros, mediante axudas directas, a financiar distintas actividades culturais.

En concreto, aprobouse o texto do convenio e a concesión directa da subvención á Asociación Cultural Cidade Vella, por importe de 20.000 euros, para o fomento e financiación de actividades relacionadas coa música, a cultura e o patrimonio da Cidade Histórica.


Tamén se deu luz verde o texto do convenio e da concesión directa da subvención á Asociación do Conservatorio de Música Tradicional e Folque, por importe doutros 20.000 euros. Esta cantidade estará destinada ao fomento e financiación de actividades relacionadas coa música tradicional galega.

A maiores, aprobouse o texto do convenio e da concesión directa da subvención á Asociación Cultural Rocha Forte, por importe de 5.000 euros para o fomento e financiación de distintas actividades, como roteiros, visitas guiadas, presentación, exposicións, conferencias, etc.; e o texto do convenio e da concesión da subvención a cursos universitarios de "Música en Compostela", por outros 5.000 euros. 
Outros acordos
Tamén se de luz verde a un expediente de suplemento de crédito por 422.587,82 euros destinado a completar á achega municipal ao proxecto Smartiago. Este acordo será trasladado ao Pleno da Corporación para a súa aprobación definitiva, previo ditame da Comisión informativa de Presidencia, Réxime Interior, Facenda e Especial de Contas.

Por outra banda, a Xunta de Goberno Local acordou a aceptación das axudas convocadas no 2021 pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia, que ascenden a 30.800 euros.

Comentarios
Lo más