miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Bugallo fai un chamamento para apoiar ao Carballo de Conxo

Bugallo fai un chamamento para apoiar ao Carballo de Conxo
Bugallo fai un chamamento para apoiar ao Carballo de Conxo

O alcalde apunta a que o Carballo é un emblema de Galicia, non só de Santiago

O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, solicitou novamente o apoio para o Carballo de Conxo na súa pugna por converterse na Árbore Europea de 2022. "É un emblema non só de Santiago", indicou, "senón de toda Galicia e entramos na semana decisiva".

En roda de prensa celebrada este venres, o edil compostelán sinalou que, pese a que á árbore compostelá continúa á cabeza, a distancia ca Sabina de Blancas de Teruel se reduce. "17.000 persoas apoiaron o carballo, pero acércasenos moito Aragón con 13.700 votos. Esto ten moito que ver coa campaña lanzada polo Goberno de Aragón", asegurou o alcalde .

"De feito, de onte a hoxe incrementouse en 1.000 persoas o apoio ao de Teruel e ao de aquí, 400. Quedan oito días que son absolutamente decisivos", apuntou Bugallo.

Comentarios
Lo más