miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Nubes e claros en Compostela

Nubes e claros en Compostela
Nubes e claros en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 8 e os 17 graos

Galicia estará durante este día na influencia dun anticiclón situado en Europa central e o paso dunha fronte fría moi pouco activa. Deste xeito, os ceos presentarán alternancia de nubes e claros e ceos con máis nubes no noroeste. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo, de compoñente norte.

En Santiago teremos ceos pouco anubrados ou despexados ó comezo e ó final do período, aínda que cara a metade do mesmo tenderán a estar con nubes e claros. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas en ascenso moderado e máximas en ascenso lixeiro.





Comentarios
Lo más