Continúa o sol pero baixan as temperaturas
08:00 11/11/21
08:00 11/11/21
As temperaturas oscilarán en Santiago entre os 5 e os 16 graos
Non se agardan cambios significativos para o xoves, xa que Galicia permanecerá unha xornada máis na influencia das altas presións. Así, teremos ceos despexados en xeral, con bancos de néboa no interior. As temperaturas mínimas estarán en lixeiro descenso e as máximas non terán cambios significativos. O vento soprará moi frouxo de compoñente leste, con algún intervalo moderado no litoral noroeste.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán sen cambios aínda que oscilarán.