miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Popular solicitará no Pleno o remate das obras de Vista Alegre

O Grupo Popular solicitará no Pleno o remate das obras de Vista Alegre
O Grupo Popular solicitará no Pleno o remate das obras de Vista Alegre

Desde que concluíron as obras de urbanización en 2018, a veciñanza vén solicitando o remate de varios traballos pendentes

O Grupo Municipal Popular, a través do seu portavoz Alejandro Sánchez-Brunete, vai presentar unha iniciativa plenaria para solicitar o remate das obras de reurbanización realizadas en tres fases no barrio de Vista Alegre, para a mellora da mobilidade e accesibilidade interior dun polígono no que se asentan unhas 750 vivendas distribuídas en preto de medio centenar edificios.

Os sucesivos proxectos, nos que se investiron arredor de 2,5 millóns de euros, contemplaban o derrubo de terrazas, a reurbanización e a reposición ou instalación de novos servizos, uns traballos que se desenvolveron entre os anos 2014 e 2018. As melloras logradas quedaron, con todo, anubradas polas deficiencias na execución e no remate das obras, tal e como veñen denunciando nos últimos anos os representantes da Asociación veciñal “Álvaro Cunqueiro” con quen se reuniu onte o portavoz municipal do PP. 

As principais demandas formuladas pola veciñanza refírense, principalmente, ao mantemento do cableado polas fachadas do edificios, chegando a obstaculizar ventás e accesos con risco para a seguridade -a pesar de terse executado a canalización para o seu soterramento-, os defectos nos materiais empregados en varandas e colectores soterrados de lixo -que presentan xa abundantes sinais de óxido-, a instalación de papeleiras nos soportes que carecen delas e a falta de reposición de placas coa denominación das rúas, que dificultan a localización dos domicilios. A maiores, tamén solicitan que se adecúe o parque infantil situado na parte central do polígono, unha vella demanda reiterada para que se mellore a superficie areosa deste espazo que, ademais, mantén no seu contorno máis inmediato unha instalación de gas que ocasiona o lóxico receo da veciñanza. 

Tratando de abordar estas deficiencias, o Grupo Popular elevará ao Pleno unha proposta para que o Concello asuma coa maior dilixencia a resolución destas mellores pendentes que suporán a culminación dos traballos realizados e un indubidable mellora estética e de seguridade para toda a veciñanza

Comentarios
Lo más