miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ceos despexados en Compostela

Ceos despexados en Compostela
Ceos despexados en Compostela

As temperaturas oscilarán entre os 9 e os 17 graos

Galicia estará durante o mércores nunha extensa área de altas presións que abarca desde Madeira ata Europa central. Con esta situación, agárdanse bancos de néboa matinais en zonas de interior que darán paso a ceos con poucas nubes en xeral pola mañá, entrando nubes altas pola tarde. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente leste, moderados no litoral norte e frouxos no resto.

En Santiago prevense ceos pouco anubrados ou despexados nas próximas datas, ocasionalmente con nubes e claros. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que descenderán lixeiramente e máximas que se manterán sen cambios.



Comentarios
Lo más