miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os 'Bonos Corazón Compostela' gañan adeptos, pero "aínda queda moito camiño por percorrer"

Os 'Bonos Corazón Compostela' gañan adeptos, pero "aínda queda moito camiño por percorrer"
Os 'Bonos Corazón Compostela' gañan adeptos, pero "aínda queda moito camiño por percorrer"

O Concello destina a este bonos 600 mil euros

Na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno, o alcalde informou sobre os "Bonos Corazón Compostela", aos que o Concello de Santiago destina 600.000 euros. Sinalou que houbo un impulso importante, despois de que o pasado venres entrase en vigor a ampliación dos tipos de bonos, que quedaron establecidos en tres: o de 75 euros, xa vixente; e dous novos de 50 e 30 euros. Pero, engadiu, "aínda queda moito camiño por percorrer".


Actualmente, segundo as cifras ofrecidas por Sánchez Bugallo, retiráronse 5.783 bonos, e hai 323 establecementos adheridos. O alcalde anima á cidadanía a utilizar estes bonos e recorda que hai de prazo ata o 10 de decembro. A través de estes bonos, que se poden descargar na aplicación, https://bonoscorazoncompostela.gal/, o Concello de Santiago financia o 40% do gasto nos comercios e locais de hostalería inscritos no programa.

O alcalde tamén lle pediu á cidadanía que ainda non votase pola árbore europea do ano, que apoie a candidatura do "Carballo do bosque do banquete de Conxo". "Tivemos un impulso importante, e xa imos con aproximadamente 3.200 votos de diferenza respecto do segundo clasificado", a "Sabina de Blancas". O rexedor recordou que o goberno de Aragón fixo un chamamento, esta fin de semana, para votar por esta árbore, localizada en Teruel. Por iso insiste na importancia de seguir apoiando ao carballo de Conxo, para afianzar esa primeira posición. 
Comentarios
Lo más