miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta de Goberno Local aproba a Oferta de Emprego Público para 2021, na que destacan 12 novas prazas de policía local

A Xunta de Goberno Local aproba a Oferta de Emprego Público para 2021, na que destacan 12 novas prazas de policía local
A Xunta de Goberno Local aproba a Oferta de Emprego Público para 2021, na que destacan 12 novas prazas de policía local

A Xunta de Goberno Local aprobou a Oferta de Emprego Público do Concello de Santiago de persoal funcionario para o ano 2021, que contempla un total de 23 prazas de quenda libre, das que dúas están reservadas para persoas con discapacidade; e cinco de promoción interna. Dos acordos adoptados informou en rolda de prensa o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo.

As 23 prazas de quenda libre son para cubrir os seguintes postos:


1 técnico/a de xestión. Grupo A2
5 administrativos. Grupo C1
1 auxiliar administrativo. Grupo C2
1 arquiveiro. Grupo A1
1 xornalista. Grupo A1.
1 técnico informático medio/a. Grupo A2
1 bombeiro/a condutor/a. Grupo C2
12 policías (3 deles/as de mobilidade interadministrativa). Grupo C2.

Dúas destas prazas, 1 de administrativo/a e outra de auxiliar administrativo/a, están reservadas para persoas con discapacidade.

Para a quenda de promoción interna hai 5 prazas:

1 inspector da Policía Local. Grupo A1
3 oficiais da Policía Local (1 por mobilidade administrativa). Grupo C1
1 cabo do servizo de extinción de incendios. Grupo C2.

Por outra banda, o executivo municipal aprobou o expediente denominado Medidas correctoras para o estadio de San Lázaro segundo o estudo integral de patoloxías (fase III) - separata nº 1: Reparación urxente torres de iluminación e a apertura do procedemento de adxudicación mediante procedemento aberto simplificado, establecéndose un tipo de licitación de 140.323,99 euros, IVE incluido.

Tamén se deu luz verde ao recoñecemento das obrigas derivadas do veredicto do xurado do "XIV Premio Internacional "Compostela de Álbums Ilustrados", por importe de 9.000 euros. Desta cantidade, o concello de Santiago de Compostela aporta 8.000 euros e a Editorial Kalandraka os 1.000 euros restantes. A persoa premiada nesta edición é Marina Gibert Oliva. 
Comentarios
Lo más