A semana comeza con nubes e claros
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 10 e os 16 graos
O luns continuaremos con predominio das altas presións aínda que se prevé a chegada dunha fronte pouco activa que rozará o norte a Península traendo a Galicia un aumento da nubosidade. Agárdase así un día de ceos con máis nubes canto máis ó norte, máis despexados no resto. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, máis acusado nas mínimas. O vento soprará de compoñente norte, frouxo en xeral, moderado no litoral atlántico.
En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso moderado aínda que oscilarán.