Domingo fresco baixo o sol
As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 14 graos
Galicia continuará durante o domingo baixo influencia anticiclónica. Con esta situación agárdanse ceos con nubes baixas no norte e no resto algunhas de tipo alto que non impedirán o paso do sol. Néboas matinais en zonas de interior. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso pero aínda xeando en puntos de interior, mentres que as máximas continuarán sen cambios. Os ventos soprarán do nordés, moderados no litoral atlántico e frouxos no resto.
En Santiago agárdase a curto prazo unha alternancia de ceos con nubes e claros con momentos pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con mínimas que ascenderán lixeiramente aínda que oscilarán e máximas que ascenderán moderadamente.