miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os infectados aumentan un tercio nunha semana e a incidencia case 6 puntos

Os infectados aumentan un tercio nunha semana e a incidencia case 6 puntos
Os infectados aumentan un tercio nunha semana e a incidencia case 6 puntos

A día de hoxe hai 658 pacientes en seguimento nos seus domicilios

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 692 deles 181 son da área da Coruña, 53 da de Lugo, 171 da de Ourense, 61 da de Pontevedra, 93 da área de Vigo, 74 da de Santiago e 59 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 7 están en UCI, 27 en unidades de hospitalización e 658 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 180.257 persoas curadas, rexistrándose 2.653 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.908.721.

O número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 4.523.265.

Comentarios
Lo más