miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Denuncian que el Concello incumple sistemáticamente el plazo de pago de sus facturas

Denuncian que el Concello incumple sistemáticamente el plazo de pago de sus facturas
Denuncian que el Concello incumple sistemáticamente el plazo de pago de sus facturas

O vicevoceiro popular, Ramón Quiroga, demanda “unha maior dedicación e axilidade para saldar en prazo as débedas por bens e servizos, nun momento de especial dificultade para os provedores”

O Concello de Santiago sitúase á cabeza dos grandes concellos galegos no tocante ao incumprimento do prazo máximo para os pagamentos a empresas e autónomos que realizan traballos ou entregan bens e servizos para atender as necesidades da administración pública local. No que vai de ano superou de forma ampla e sistemática todos os meses o período medio de pagamento (PMP) que a lei establece en 30 días.


Para o vicevoceiro Popular Ramón Quiroga, “o incumprimento deste prazo, non só afecta negativamente sobre todo ao tecido empresarial e comercial local, que debe agardar por uns recursos moi necesarios especialmente nestes momentos, senón tamén ao propio Concello posto que podería ocasionar a retención dos recursos derivados da participación en tributos do Estado. Por iso, cómpre demandar do Goberno local unha maior dedicación e axilidade para saldar en prazo as débedas por bens e servizos, nun momento de especial dificultade para os provedores ”.


O último dato oficial publicado do PMP corresponde ao mes de agosto de 2021 no que se constata que no Concello de Santiago o atraso supera os 64 días (64,65), cun volume de pagos pendentes superior aos 2,7 millóns de euros (2.752.194,45 €). Desde o inicio do actual mandato en xuño de 2019, o Goberno local unicamente cumpriu o prazo en 5 meses, mentres que en 20 -incluídos todos os meses deste ano 2021- superou amplamente o prazo legal, acadando o récord en agosto de 2019 con 101,55 días.


Santiago destacada entre as grandes cidades debedoras

Á vista destes datos Santiago, con máis de 64 días de demora, continúa a figurar como a cidade peor pagadora de Galicia, non só no cómputo mensual, senón tamén na media do ano 2021 que o Concello mantén en 48,53 días, superior aos 45,66 de Ourense -a seguinte na táboa- e moi por riba dos 10,49 de Vigo -que rexistra o mellor promedio de pago das grandes cidades galegas-.



Desde que en 2014, o Ministerio de Facenda comezara a centralizar o período medio de pagamento das distintas administracións públicas españolas, o mellor índice do Concello de Santiago rexistrouse en marzo de 2015, mes no que as facturas chegaron a pagarse en 9,04 días e durante todo ese período mentres gobernou o Partido Popular no Concello houbo un cumprimento exhaustivo dos prazos en todos os meses do mandato.

Comentarios
Lo más