miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Sábado solleiro en Compostela

Sábado solleiro en Compostela
Sábado solleiro en Compostela

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 7 e os 14 graos

O sábado estaremos baixo influencia anticiclónica e con circulación do nordés. Unha situación de estabilidade que nos traerá un día de tempo seco con ceos pouco nubrados en xeral, con néboas matinais en puntos do interior e algunha nube baixa ao norte. As temperaturas mínimas seguirán sen cambios, con formación de xeadas no interior, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará do nordés, frouxo en xeral, con intervalos moderados no litoral.

En Santiago, prevense ceos con nubes e claros nas próximas datas, ocasionalmente pouco anubrados ou despexados. En canto ás temperaturas, serán normais para este período, con valores que en xeral ascenderán moderadamente a pesar de que oscilarán.



Comentarios
Lo más