Bugallo quere negociar os orzamentos a partir do día 15
Sobre o muro do Pombal, sinalou "non hai risco inmiente de derrubamento"
Na rolda de prensa dos venres, Sánchez Bugallo amosou a súa intención de comezar a negociación do proxecto de orzamentos para 2022 a partires do 15 de novembro. "En función da receptividade que vexamos" nos distintos grupos da oposición, organizaranse as conversas sinalou. O rexedor asegurou que en principio, os aproximadamente tres millóns de euros de ingresos por plusvalías, incorporaranse os presupostos.
Segundo explicou foi o presidente da FEMP, a Federación de Municipios e Provincias, quen lle trasladou esa posibilidade aos concellos, xa que se espera que, "con caracter inmediato á publicación da sentenza polo Constitucional, o Goberno aprobe un decreto lei "para regular esta cuestión", engadiu Sánchez Bugallo.
Pombal
Sobre o muro do Pombal, sinalou "non hai risco inmiente de derrubamento"; e que o contrato de obras, previsiblemente sexa adxudicado a finais de mes. Apuntou tamén ao 24 de novembro como data límite para a celebración do pleno extraordinario solicitado polos grupos da oposición. Hoxe estaba prevista a celebración da mesa de contratación para a adxudicación do proxecto de reforma, pero non se puido celebrar por problemas técnicos.