miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O tempo soleado marca o fin da semana

O tempo soleado marca o fin da semana
O tempo soleado marca o fin da semana

As temperaturas en Santiago oscilarán entre os 6 e os 13 graos

O venres teremos un día de transición cara ás altas presións. Así, os ceos alternarán nubes e claros, con algúns chuvascos ocasionais, máis probables canto máis ó norte. As temperaturas mínimas terán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas non experimentarán cambios significativos. Os ventos soprarán do nordés, moderados na costa, máis frouxos no interior.

En Santiago agárdase para os vindeiros días unha alternancia de períodos de ceos con nubes e claros con outros pouco anubrados ou despexados. Agárdanse precipitacións o xoves. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con valores que globalmente se atoparán en ascenso lixeiro.



Comentarios
Lo más