miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile

Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile
Varias ducias de nenas e nenos celebraron o Samaín no polideportivo con concursos e moito baile


Valentina, caracterizada de Pennywise, levou o premio ao mellor disfraz



A elección dos mellores disfraces pechou o sábado no pavillón municipal a Festa de Samaín organizada polo Concello do Pino. Logo de que Valentina, caracterizada como Pennywise, se alzara co premio, o xurado decidiu outorgarlle ademais un galardón especial a Azul, polo seu chamamento a coidar o planeta ao disfrazarse de serea morta cuberta de plástico.

A creatividade e a orixinalidade quedaron patentes tamén no concurso de decoración de cabazas, fallado con anterioridade. Quedou gañadora O home do saco, coa Fridakahlobaza en segundo posto e a colorida A festa dos mortos en terceira posición.

Varias ducias de nenas e nenos achegáronse ao polideportivo para participar nos obradoiros, no roteiro terrorífico e, sobre todo, mover o esquelete (nunca mellor dito) coa disco móbil. As cancións máis coñecidas e animadas dos últimos anos fixeron bailar a peques e maiores e celebráronse as mellores coreografías.

Cansos e contentos, os asistentes gozaron de tres horas de diversión xunto a tres monitoras e o picadiscos e volveron vivir unha festa que foi case coma as de antes.

Comentarios
Lo más