miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Corte de tráfico na rúa Santiago León de Caracas e na vía Edison

Corte de tráfico na rúa Santiago León de Caracas e na vía Edison
Corte de tráfico na rúa Santiago León de Caracas e na vía Edison

O tráfico desviarase pola rúa da Rosa ou pola rúa de Antonio Casares cara ao Hórreo.

Este mércores 3 de novembro, dende as 23.30 h e cunha duración aproximada de dúas horas, a rúa Santiago León de Caracas vai quedar cortada ao tráfico por mor dunha instalación temporal dun grupo electróxeno para o Centro Policlínico La Rosaleda.

Trátase dun traballo previo á substitución do centro de transformación eléctrica do citado hospital. Esta realizarse o vindeiro sábado 6 de novembro e obrigará a cortar a rúa de novo, neste caso de 6.00 a 23.00 h.

O tráfico desviarase pola rúa da Rosa ou pola rúa de Antonio Casares cara ao Hórreo.


Corte na vía Edison

Tamén este mércores 3 de novembro, a partir das 8.00 horas, se procederá a asfaltar a vía Edison, se as condicións climatóloxicas o permiten. Durante o tempo que duren os traballos permanecerá aberto un carril con circulación alterna. 

Comentarios
Lo más