miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Teo instala unha escultura en Francos co cabalo como motivo principal

Teo instala unha escultura en Francos co cabalo como motivo principal
Teo instala unha escultura en Francos co cabalo como motivo principal

A poucos días de que a carballeira de Francos cobre vida de novo coa feira do San Martiño o Concello vén de instalar alí unha escultura de granito que ten o cabalo como motivo principal.



A obra é unha peza do artista de Padrón Camilo Seira na que se homenaxea a feira cabalar tradicional de Teo. A carballeira de Francos é un dos espazos naturais máis importantes de Teo no que ademais o patrimonio material e inmaterial ten moita importancia. Dende hoxe, esta obra artística incrementa a súa importancia. 

Segundo explica o autor a escultura está realizada nunha única peza, un bloque de granito de Lalín de dez toneladas. A textura é o resultado "das pegadas das diferentes ferramentas que se utilizaron no proceso de traballo, picos, punteiros, cinceis..." explica o autor. Segundo Camilo Seira "a imaxe representa a antiga unión do home e o animal, cun xesto maestro e cómplice por parte do xinete sobre a besta que intenta revelarse". As liñas e os volumes grotescos e esaxerados da peza lembran a arte castrexa, vinculándose tamén co Castro Lupario. 

O escultor naceu en Padrón no ano 1974 e dende moi pequeno manifestou o seu interese pola pintura e a escultura. Licenciado en Belas Artes en Pontevedra o que máis lle entusiasma é a paixón pola natureza e os animais, unha constante na súa obra. Queda reflexada esa paixón na peza realizada para o Concello de Teo. 

A colocación da escultura supón a previa á feira do San Martiño e a programación complementaria que presentou o Concello. Esta fin de semana teremos o sábado 6 ás 21:00 horas o concerto de Pauliña e o domingo 7 a Feiriña cunha chea de actividades para as crianzas. 

Comentarios
Lo más