Os "Bonos corazón Compostela" pasarán a ter tres modalidades
Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos
Tamén destacou o alcalde, a aprobación da modificación das bases das axudas "Bonos corazón Compostela", ampliando a tres os bonos por beneficiario, creando dous novos bonos de importe inferior a 75 euros e e ampliando o importe do gasto por establecemento dos 6.250 euros actuais aos 10.000 euros.
Unha vez se publiquen estas modificacións no BOP (Boletín Oficial da Provincia) os "Bonos corazón Compostela" dividiranse en tres modalidades: cun valor de 75 euros, como os actuais; cun valor de 50 euros, e cun valor de 30 euros. Os bonos estarán cofinanciados nun 40% polo Concello de Santiago e nun 60% pola persoa solicitante.Cada persoa poderá solicitar e obter ata tres bonos. A persoa solicitante poderá escoller libremente entre calquera das tres modalidades dispoñibles e solicitar e obter máis dun bono da mesma modalidade. Os bonos poderán ser usados nun ou en varios dos establecementos adheridos ao programa.
O importe máximo de bonos que poderá trocar cada establecemento comercial ou hostaleiro é de 10.000 euros. Estas modificacións entrarán en vigor ás 09:00 h da mañá do mesmo día da súa publicación no BOP de A Coruña