miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Xunta de Goberno Local acorda o inicio da tramitación do Plan parcial do SUND-4 de Rebordaos

A Xunta de Goberno Local acorda o inicio da tramitación do Plan parcial do SUND-4 de Rebordaos
A Xunta de Goberno Local acorda o inicio da tramitación do Plan parcial do SUND-4 de Rebordaos

A Xunta de Goberno Local acordou este martes remitir á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental a solicitude de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxica simplificada do Plan parcial do SUND-4 (Rebordaos), na contorna do polígono do Tambre. Son, segundo explicou o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, máis de 164.000 metros cadrados, dos que uns 5.000 serán para equipamentos, e 113.000 para zonas verdes e "espazos libres".

Polo tanto, continuou, "máis do 75% da superficie destinaríase a dotacións públicas e equipamentos". O número máximo de vivendas a construír no sector é de 411. "Sería unha forma de ir completando a continuidade de Meixonfrío", sinalou.

Contratación
O executivo municipal tamén deu luz verde ao procedemento de adxudicación do expediente denominado "Posta en valor do entorno residencial (Camiño Inglés) e acceso ao conxunto parroquial da Barciela" (POS+ 2018 / Adicional 1 / 2ª fase)" e á apertura do procedemento de adxudicación baixo a modalidade aberto, establecéndose un tipo de licitación de 181.954,67 euros, IVE incluido. Este gasto irá con cargo á aplicación orzamentaria de "Investimentos Deputación da Coruña "Plan único de Concellos".

Tamén se aprobou o inicio do procedemento de licitación e autorización de gasto do expediente "Subministración e instalación de elementos novos para a renovación da área de xogos infantís do parque de Alfredo Vicenti"; e a autorización do gasto por un importe total de 85.000 euros.

Ademais, aprobouse o inicio do procedemento de licitación e autorización de gasto do expediente denominado "Curso de formación de acollida de bombeiros de nova incorporación para o Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento", por un importe de 61.505,09 euros.

Por outra banda, acordouse abrir o procedemento de licitación da concesión de uso privativo do dominio público das marquesiñas e mupis urbanos do Concello de Santiago de Compostela para a súa explotación publicitaria. O canon anual que deberá abonar o concesionario será o que conste na oferta que resulte adxudicataria, correspondendo o tipo mínimo anual da licitación a 92.000 euros. 

Comentarios
Lo más