miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Despois da ponte, o tempo mantense igual

Despois da ponte, o tempo mantense igual
Despois da ponte, o tempo mantense igual

As temperaturas oscilarán entre os 10 e os 15 graos en Santiago

O martes Galicia estará afectada pola chegada dunha fronte fría asociada a unha borrasca situada sobre Escocia. Así, o ceo quedará parcialmente cuberto con precipitacións, sendo máis intensas no terzo norte. Durante a noite baixará a cota de neve e non se descarta neve nos cumios máis altos. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, permanecendo as máximas sen cambios significativos. O vento soprará de compoñente oeste, moderados en xeral, con intervalos fortes no litoral norte na primeira metade da xornada.

En Santiago, ceos con nubes e claros en xeral durante os vindeiros días. Agárdanse precipitacións tódolos días. As temperaturas serán normais para esta época do ano, con mínimas sen cambios aínda que oscilarán e máximas en descenso lixeiro. No referido á calidade do aire, manterase a un nivel favorable en xeral. 

Comentarios
Lo más